lunes, 27 de febrero de 2017

PROXECTO: ANIMAIS 1

Como xa sabedes, comezamos un novo proxecto: Os animais
Despois de escribir o que sabemos dos animais e o que queremos saber deles, fixemos un mapa conceptual para ter clariños os contidos que debemos saber sobre o mundo animal. Xa os vamos controlando moi ben. Gústanos o tema e estamos alerta. Para ser o noso primeiro mapa, non quedou nada mal. Que pensades vós?
Tamén pasamos un ratiño elixindo na casa un animal que nos gustaría ser neste proxecto. Aínda temos moito que investigar, pero ... saíron animais moi interesantes. Durante o tempo que fagamos o proxecto na clase, ímonos converter neses animais e poremos esas bonitas diademas elaboradas por nós.





No hay comentarios:

Publicar un comentario